Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Padrón convida á veciñanza a unha sesión do planetario no auditorio municipal o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro


O Concello de Padrón convida aos veciños e veciñas do municipio a asistiren de forma gratuíta a unha sesión do planetario, que se instalará no auditorio municipal padronés o venres 31 de xaneiro e o sábado 1 de febreiro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “durante a mañá do venres levaremos aos nenos e nenas dos centros educativos e despois abriremos as sesións a todos os veciños e veciñas de Padrón, aos que convidamos a desfrutar desta experiencia e aprender a atopar a estrela de Rosalía no noso ceo nocturno”.

Aqueles veciños e veciñas que desexen participar só teñen que recoller o seu convite, que poden retirar dende hoxe mércores no Centro Social de Padrón. As sesións teñen unha duración aproximada de trinta minutos.